Receita da Queimada

Ingredientes:
Oruxo, Cortiza de limón, Azucre, Graos de Café

Materiais:
Recipiente, cucharón e taciñas de barro

Preparación:

1- Mesturar o augardente de oruxo, o azucre, a cortiza de limón e os grans de café no recipiente de barro. Opcionalmente poderíanselle engadir pedazos de mazá ou otras froitas.

2- Coller un pouco de augardente de oruxo nun cazo de barro e engadir azucre seco. Prender lume ao contido do cazo e esperar a que se forme o caramelo, que verteremos sobre o resto do oruxo para comenzar a queimalo.

3- Remover continuamente e levantar o cazo en chamas ata que estas se volvan azuis, mentres se recita o "Conxuro da Queimada".

4- Servir en taciñas de barro e beber quente


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das menciñeiras.

Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das santas Compañas.
Mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.


Ouveo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller

casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.

Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.


Con este fol, levantarei as chamas deste lume
que asemella ó do inferno
e fuxirán as meigas a cabalo das súas escobas,
índose bañar na praia das areas gordas.


¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que
non poden deixar de queimarse
no augoardente quedando así purificadas.
E cando esta brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males

da nosa alma e de todo embruxamento.


Forzas do Ar, Terra, Mar e Lume,
a vós fago esta chamada:
Si é verdade que tedes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede que os espritos dos amigos que estean fóra,
participen con nós desta queimada.



Autor: Mariano Marcos de Ábalo



Ver la versión en castellano      Ver la versión en inglés